● Ofértanse varias actividades culturais, deportivas e de lecer, tanto para nenos coma para adultos.
● Entre as máis destacadas están a XXII Feira da Cebola Chata, a II Feira da Cultura ENCaMIÑO ou o concerto de gREAT sTRAITS.
A revista de actividades culturais e deportivas de Miño desvelou as múltiples citas ás que os miñenses poderán acudir este verán, desde o mes de xullo ata setembro. Contan cun abano de opcións de todo tipo: música, literatura, cine, actividades deportivas, festas patronais, feiras e festivais. O obxetivo do Concello é que sempre haxa algo que facer ou ao que acudir no municipio.
A XXII Feira da Cebola Chata ou a II Feira da Cultura ENCaMIÑO son os eventos culturais destacados, pero hai moitos outros que tamén son de intrese. O público infantil, por exemplo, poderá desfrutar de “Rock entre nais, pais e fill@s”, a proxección da película “El Bebé Jefazo 2” e do festival teatral “Entes Animados”.
No ámbito do deporte, as opcións son variadas, podendo elexir entre piragüismo, paddle surf, tenis ou patinaxe, entre outros. Ademais, haberá campamentos náuticos, rutas medioambientais e unha visita ao Aquapark o día 8 de agosto.
Á oferta municipal tamén se suman as asociacións do concello, organizando actividades cada unha no seu ámbito. Algunhas delas son a Confraría de Pescadores de Miño, a Asociación El Loro Facu, o Club Marítimo de Perbes ou o Miño Club de Golf – Artabro.