Friday 22 de November de 2024

O alumnado da Escola Municipal de Teatro Infantil de Neda estrea este venres na Casa da Cultura a peza “Tele 13. Un horror de canle”


O Concello convida á veciñanza a asistir á representación, con entrada libre

As alumnas da Escola Municipal de Teatro Infantil de Neda ofrecerán unha función de fin de curso moi especial, coa estrea da peza teatral “Tele 13. Un horror de canle”. Será este venres 30 de xuño, no salón de actos da Casa da Cultura, a partir das 18:30 horas. Dende o Concello de Neda, promotor da
escola, anímase á veciñanza a asistir á representación e arroupar así ás alumnas.

Estarán dirixidas pola súa mestra, a actriz Marián Rei, que por segundo ano consecutivo se poñía ao fronte da Escola Municipal de Teatro guiando os pasos das actrices máis novas. Xunto a ela, o actor e director Agustín Bolaños asumía a dirección das sesións para as persoas adultas. Dous grandes profesionais da escena galega, aos que o Concello de Neda quere agradecer o seu traballo e adicación.