O Concello de Carballo realiza un investimento de 355.955,40 euros para dotalas de todos os servizos urbanísticos, mellorar a accesibilidade e humanizar o barrio
O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras, Luis Lamas, visitaron as obras que veñen de iniciarse no ámbito integrado polas rúas Labarta Pose, Manuel Murguía, Otero Pedrayo e Antón Fraguas co obxectivo de mellorar os servizos urbanísticos, mellorar a accesibilidade e avanzar na humanización do barrio. O investimento acada os 355.955,40 euros, e da execución encárgase a empresa Excavaciones y Obras Candal.
Os traballos permitirán renovar os distintos servizos urbanos, eliminando os tendidos aéreos de telecomunicacións, alumeado e electricidade, ademais de mellorar as infraes-truturas do ciclo da auga. Neste sentido, o proxecto prevé a substitución das vellas tu-baxes de fibrocemento por unha nova rede de abastecemento, que permitirá pechar a malla na zona, garantindo o subministro tanto dende Antón Fraguas coma dende Ponte da Pedra. Tamén se completará a rede de saneamento, e ademais instalarase a de recollida de augas pluviais, actualmente inexistente.
Outro dos obxectivos da actuación é avanzar na mobilidade sostible e na accesibilidade mediante a eliminación de barreiras arquitectónicas e o establecemento de plataforma única, limitando as áreas de estacionamento para fomentar a circulación peonil. Na zo-na oeste da rúa Labarta Pose crearase, de feito, unha zona exclusivamente peonil e unha zona verde con rega por goteo. Entre as catro rúas plantaranse 38 árbores de dis-tintas especies. O proxecto tamén inclúe a sinalización horizontal e vertical, e mobiliario urbano, en concreto 5 bancos, 4 papeleiras e unha fonte.