Thursday 21 de November de 2024

A Xunta participa na apertura dunha nova edición da Escola de Verán da área de Xuventude da Unión Sindical Obreira


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu esta tarde á xornada inaugural da cuarta edición da escola de verán da sección de xuventude da Unión Sindical Obreira (USO), que ata o vindeiro xoves se desenvolve nas instalacións do hotel náutico de Razo.

Os participantes neste encontro abordarán temas como as redes sociais ou a igualdade de xénero e a prevención da violencia, entre outros.