Na mañá de hoxe, a aula da Escola Municipal de Música de Laxe acolleu o encontro ‘Falando entre liñas’ coa pedagoga e pianista Esther Sobral, actual directora da aula de aprendizaxe Tratalenca de Santiago de Compostela.
Ao encontro, organizado polo profesor de Escola Municipal de Música de Laxe, Víctor Manuel García Pose, asistiron tanto alumnado e o profesorado da mesma así como da escola de música da asociación de veciños de Serantes.
Ademais de compartir coas persoas asistentes parte da súa traxectoria persoal e profesional, Esther deu algúns consellos para a mellora da interpretación musical.
Durante a sesión, os alumnos e alumnas tocaron varios fragmentos mentres que Esther interpretou unha das súas últimas composicións musicais inspirada nun dos elementos xa simbólicos do noso concello situado a carón do faro de Laxe: a estatua de ‘A Espera’.