Friday 22 de November de 2024

Obradoiro de Igualdade


A Casa da Cultura de Neda acollía esta mañá o obradoiro “Maruxa Poppins”, no que participaron nenos e nenas de entre 3 e 8 anos. A concelleira de Igualdade, Ángeles Puentes, e a edil de Cultura, Marián Bello, daban a benvida aos pequenos e pequenas ao comezo da actividade, que incluíu un contacontos no que foron peza fundamental para axudar á protagonista a comprender que o mundo pode ser mellor e máis igual para todos e todas. Así mesmo, a actividade concluía coa creación dun mural colectivo.

Esta acción de sensibilización dirixida á infancia e organizada polo Concello de Neda contou co financiamento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.