O representante do Goberno galego, Gonzalo Trenor, participou hoxe na rolda de prensa de presentación do evento
O festival celebra a súa VIII edición do venres 30 de xuño ao domingo 2 de xullo
O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, participou participou hoxe na rolda de presentación do festival de música “Fisterra Blues Experience 2023”, onde destacou que “este evento é unha mostra da calidade musical pola que aposta a Xunta cun cartel que mestura artistas galegos, nacionais e internacionais con ritmos que irán dende o blues ou o rock, ata soul, country ou pop”.
Neste senso, o delegado destacou “a importancia deste tipo de festivais como unha oportunidade para trasladar aos turistas e peregrinos que Galicia é unha comunidade cunha oferta turística sen precedentes, coa excelencia e a calidade como bandeira duns recursos e medios sen parangón”, indicou.
O representante do Goberno galego sinalou que “este verán volver a ser unha oportunidade única para Galicia, para seguir facendo visible o que temos que aportar a España e ao resto do mundo” e recalcou que “ata agora xa se entregaron máis de 169.000 compostelas -o que supón un 19 % máis que no mesmo período de 2022- e que Galicia leva rexistrados máis de 1,5 millóns de viaxeiros e 2,7 millóns de noites, é dicir, un 15 e un 12 % máis, respectivamente, que no 2022”.
Os interesados poderán consultar a programación e os artistas a través da páxina web do festival fisterrablues.gal