Saturday 16 de November de 2024

Xabier López Marqués presenta na Pobra o seu libro Os luídos do manancial


A linguaxe como protagonista; unha poesía pura que se artella a través do propio sentido da palabra. Xabier López Marqués convida á reflexión en Os luídos do manancial empregando a auga como metáfora da creación e a lectura como toma de conciencia. O libro presentarase ao público no 30 de xuño, ás 20.30 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal da man da Concellaría da Cultura, da A. C. Barbantia e La Voz de Galicia.

Contará coas intervencións do propio autor; da concelleira da Cultura en funcións, Patricia Lojo; de Isabel Santos e Xesús Laíño en representación da referida entidade cultural; e do escritor Antonio Piñeiro.

A entrada é libre ata completa-la cabida da instalación municipal.