Hoxe pecháronse as escolas de baile tradicional e pandeireta de San Sadurniño nun serán moi agradable con fume todo arredor de nós e aire de festa. Ademais tamén gozamos da actuación do dúo conquense Her Itage, que veu a Galicia da man do programa Dinamiz-ARTj.
E agora… todo o mundo pasalo ben na noite máis máxica do ano!!!
Ah, moi importante: ollo co lume e recordade que a Xunta suspende desde mañá todo tipo de queimas por mor das altas temperaturas que se agardan nos próximos días.