Entre os días 26 e 28 de xuño, todas aquelas familias interesadas poderán solicitar as prazas vacantes para participar no programa de conciliación das Cativadas de verán que se vai desenvolver na Rede de Centros Socioculturais durante as vacacións do mes de xullo.
A partir do luns, 26 de xuño, abrirase un segundo prazo extraordinario para cubrir as prazas vacantes dos CSC do Castiñeiriño (6), Pontepedriña (3), Santa Marta (5), Ensanche (8), Laraño (11), Lavacolla (2), Nemenzo (2) e Figueiras (3).
Para solicitar estas prazas, as familias interesadas deberán presentar a ficha de inscripción e anexo I dispoñible a continuación de forma presencial na Casa das Asociacións de Cornes, en horario de 9.30 a 13.30 h. As prazas cubriranse por rigurosa orde de chegada.
Cativadas de verán
As actividades desenvolveránse en doce centros socioculturais, entre urbanos e rurais do 3 ao 14 de xullo (primeira quenda) e do 17 ao 31 de xullo (segunda quenda), para facilitar a conciliación ás familias compostelás.
Como noutras edicións, o programa de actividades terá un carácter educativo, lúdico e convivencial. Monitores especializados animarán as mañás dos participantes con actividades plásticas, expresión artística, teatro e expresión corporal, xogos populares, xogos de pistas, obradoiros, deporte…
En total ofertanse 310 plazas, distribuídas do seguinte xeito: no CSC José Saramago de Vite, 40 prazas para nenos/as de 5 a 12 anos; no CSC Pontepedriña, 20 prazas para nenos/as de 5 a 12 anos; no CSC de Santa Marta, 50 prazas para nenos/s de 4 a 10 anos; no CSC do Castiñeiriño, 20 prazas para nenos/as de 6 a 10 anos; no CSC O Ensanche, 20 prazas nenos/as, de 6 a 12 anos. Nos CSC do rural, poderán inscribirse todos os cativos e cativas nados entre o os anos 2011 e 2018: 20 prazas no CSC de Figueiras; 30 prazas no CSC da Gracia; 20 prazas no CSC de Laraño; 20 prazas no CSC da Lavacolla; 30 prazas no CSC de Marrozos; 20 prazas no CSC de Nemenzo e 20 prazas no CSC de Bando.