Friday 22 de November de 2024

A asociación ‘Amigos da Música de Ordes’ honra á súa patrona Santa Cecilia


O pavillón Campomaior foi o lugar escollido para unha celebración na que non faltaron concertos a cargo da banda local, a boa mesa, verbena e sorteos

Un ano máis a Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes, en colaboración co Concello de Ordes, celebrou a carón de veciños, veciñas e amantes da música a festividade de Santa Cecilia. Un encontro no que se honrou á patroa da música e no que non faltaron os concertos, xantares populares, verbenas, xogos e sorteos. A cita desenvolveuse no pavillón Campomaior e entre os presentes non faltaron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurno, así como gran parte do seu equipo de goberno.
Tras unhas palabras de agradecemento por parte do director da banda de Ordes e representantes da dita asociación arrancou o primeiro dos concertos, nos que se incluíron pezas como ‘Rapsodia Galega’ ou ‘La Misión’, entre outras. Interpretacións que despertaron longos e sonoron aplausos por parte de todas e todos os asistentes. Pouco despois chegou o momento de sentarse á mesa para degustar un gran xantar popular composo por pratos típicos como empanada, carne ou o polbo á feira. A tertulia e a conversa continuaron ao longo da sobremesa e do café con gotas.
Máis concertos ofrecidos pola Banda de Música de Ordes e a verbena protagonizada polo grupo Alborada completan o programa deste ano.