A comisión de festas organiza por primeira vez unha cachela popular, con sardiñada, música e animación teatral
A Policía Local de Carballo recibiu este ano máis de 700 comunicacións previas para facer cachelas en espazos privados e/ou para a instalación de barbacoas e similares na rúa. A cifra é similar á dos últimos anos. Hoxe, aproveitando a celebración do mercado semanal, foron moitas as persoas que se achegaron ata a casa do concello para facer o trámite da declaración responsable, aínda que cada ano son máis os veciños e veciñas que utilizan o correo electrónico.
A autorización comprende tanto as cachelas de San Xoán coma as de San Pedro, sempre que se faga constar así no impreso. No que se refire á hostalaría, os establecementos do sector quedan dispensados ata o día 30 da prohibición de realizar grelladas na vía pública.
As normas para a elaboración das cachelas son as seguintes:
• As cachelas terán que distar un mínimo de 12 metros de edificacións e árbo-res. O diámetro máximo de zona de combustión será de 4 metros, cunha altura máxima de 2.
• Os materiais a empregar serán materiais de madeira de calquera clase. Prohí-bense os pneumáticos, plásticos, latas, botellas, materiais con PVC en xeral e si-milares, así como botar aerosois, aceites ou líquidos combustibles e/ou calquera substancia explosiva. Prohíbense as fogueiras baixo tendidos eléctricos, telefóni-cos, etc.
• A persoa solicitante terá que acatar as normas ou instrucións que poidan ditar os axentes dos Corpos da Policía Local, Protección Civil ou Corpo de Bombeiros. En caso de emerxencia están dispoñibles os seguintes teléfonos: Servizo de Bom-beiros (112 / 981758057), Policía Local (981701722) e Protección Civil (981 704048).
Cachela popular no Rego da Balsa
Este ano a comisión de festas tamén organiza unha cachela popular. Hoxe quedou á vista a gran falla na que estivo traballando nas últimas semanas Maxi Pazos Noya, gran afeccionado ás cachelas e gañador en varias edicións do concurso que organiza-ba a comisión. Nesta ocasión optouse por unha cachela colaborativa, e o resultado é a recreación do skyline de Carballo que podes ver na imaxe. Pinturas Kromo cedeu os materiais precisos para facela.
A partir das 21.00 horas poderás achegarte ata a cachela Que non te morda cadela nin can, e participar na sardiñada e churrascada popular, con racións a partir de 10 euros. Haberá mesas e bancos pero non se garante que haxa sitio para todo o mundo, polo que as persoas que o prefiran poderán levalos.
Ao longo da noite haberá sorteo de agasallos patrocinados por Café Colón, Pizzería Vesubio, Pulpeira y Catering Porta, Café-Bar Ranqui, Jorge Moda, Dequip Carballo, Mmmm! Xeados e Florida Centro Joya. A participación do empresariado local tamén permitirá a celebración do espectáculo Meigas fóra: prende os teus desexos, patro-cinado por Muebles Luís, Indugal e Son Press. A programación continuará á medianoi-te co conxuro da queimada, a cargo da actriz Isabel Risco, e durante toda a noite, de 21.00 a 03.00 horas, soará a música coa Disco Impacto e os dj’s carballeses Da-ni Varela, Sara Pose e Ramita.