A rapazada da Escola Infantil Municipal Raíña Lupa de Boqueixón celebrou hoxe o seu festival de fin de curso que este ano contou cunha actuación especial. Migallas Teatro puxo en escena a súa obras “Cinco ratiños de conto”. Así, a rapazada de Boqueixón desfrutou dunha divertida visita á aldea do queixo fresco, onde os ratiños cantan cancións e escoitan divertidas historias como a da ratiña e a moeda de ouro ou a do rato que se agocha nun zapato.
A actuación foi organizada polo Concello de Boqueixón, dentro do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.