Cunha festa infantil na Praza do alcalde Ramón José Souto González comezará o venres 7 de xullo o ciclo “Xullo, mes da Patria” que engloba toda a programación organizada pola Concellería de Cultura de Fene ao redor da conmemoración do 25 de xullo, Día da Patria Galega. O ciclo incluirá o tradicional Festival de Habaneras e Canto Coral (13 de xullo), un espectáculo infantil a cargo de Fantoches Baj (14 de xullo en San Valentín), un monólogo a cargo de Xosé Touriñán (15 de xullo), concertos de Trikitrí e Fillas de Cassandra (20 de xullo) e Ataque Escampe e Familia Caamagno (21 de xullo). O programa concluirá o sábado 22 de xullo coa lectura, ao mediodía, da declaración institucional polo Día da Patria Galega -a cargo da exconcelleira, exdeputada provincial e actual presidenta da AVV de Limodre, Ana Santiago- e cun concerto pola noite de Airiños de Fene e da Banda de Gaitas de Ortigueira. Todas as actividades serán con entrada libre e de balde, agás o monólogo de Touriñán que será gratuíto pero con reserva previa de entradas e aforo limitado.
A continuación detállanse todas as actividades previstas no ciclo “Xullo, mes da Patria 2023”:
• FESTA INFANTIL CON “LA GUAGUA”
Data: Venres, 7 de xullo
Hora: a partir das 18.00 horas
Lugar: Praza do alcalde Ramón José Souto González
Entrada de balde
Programación municipal
• FESTIVAL DE HABANEIRAS E CANTO CORAL
Data: Xoves, 13 de xullo
Hora: ás 20.30 horas
Lugar: Praza do alcalde Ramón José Souto González.
Entrada de balde
Programación municipal en colaboración coas corais e rondallas participantes:
• Rondalla Perla do Río do CCRD de Perlío
• Coral polifónica da ACRD O Pote de Maniños
• Coral polifónica da SCRD Agarimo de Sillobre
• TradiCoro de Airiños de Fene
• Rondalla Estrelecer do CMI Unidade de Fene
• CHULISES E OS VELOCÍPEDOS, DE FANTOCHES BAJ
Data: Venres, 14 de xullo
Hora: ás 21.00 horas
Lugar: Praza do CPS de San Valentín (entre os bloques 11 e 12)
Entrada de balde
Actividade do programas Rede Cultural da Deputación da Coruña
• MONÓLOGO DE TOURIÑÁN, CO ESPECTÁCULO “AQUÍ TOU!”
Data: Sábado, 15 de xullo
Hora: ás 22.00 horas.
Lugar: Praza do alcalde Ramón José Souto González.
Entrada de balde con reserva previa e aforo limitado
Actividade do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.
• CONCERTO DE TRIKITRIKI E FILLAS DE CASSANDRA
Data: Xoves, 20 de xullo
Hora: ás 21.00 horas.
Lugar: Praza do alcalde Ramón José Souto González
Entrada de balde
• CONCERTO DE ATAQUE ESCAMPE E FAMILIA CAAMAGNO
Data: Venres, 21 de xullo
Hora: ás 21.00 horas.
Lugar: Praza do alcalde Ramón José Souto González
Entrada de balde
• DECLARACIÓN INSTITUCIONAL POLO DÍA DA PATRIA
Lectura a cargo da exconcelleira e exdeputada provincial Ana Santiago quen, tras abandonar a
súa actividade política, volcouse no movemento asociativo e sociocultural fenés, presidindo na
actualidade a AVV de Limodre e formando parte do Tradicoro de Airiños de Fene.
Data: Sábado, 22 de xullo
Hora: ás 13.00 horas.
Lugar: Parque Lineal do Río Cádavo
Entrada de balde
• AIRIÑOS DE FENE E A BANDA DE GAITAS DE ORTIGUEIRA
Data: Sábado, 22 de xullo
Hora: ás 21.00 horas.
Lugar: Praza do alcalde Ramón José Souto González
Entrada de balde