Friday 22 de November de 2024

O CIM de Ortigueira e a escola Tempus organizan un curso oficial de monitoras de tempo libre


• Levará a cabo a partir do 3 de xullo no centro social de Ortigueira

• Está dirixido a mulleres desempregadas menores de 30 anos e maiores de 45, veciñas de Ortigueira, Cariño, Cerdido, Mañón e Cedeira

O CIM de Ortigueira, en colaboración coa escola de tempo libre Tempus, organiza un curso oficial de monitoras de tempo libre.

A formación, que comezará o próximo 3 de xullo ás 09:00 horas no Centro Social de Ortigueira, está dirixida a mulleres desempregadas menores de 30 anos e maiores de 45, veciñas de Ortigueira, Cariño, Cerdido, Mañón e Cedeira. Constará de 85 horas impartidas de forma en liña, 115 presenciais e, por último, 150 de prácticas.

É necesaria inscrición previa, que poderá realizarse no rexistro ou na sede electrónica do Concello de Ortigueira, cubrindo a ficha de inscrición correspondente.

Ante calquera dúbida, pódese solicitar máis información no teléfono 981 40 24 42 ou no correo electrónico cim@concellodeortigueira.com

Desde o CIM de Ortigueira animan a todas as mulleres a participar nesta iniciativa, completamente gratuíta e enmarcada no programa “Abrandares tecendo redes”, subvencionada pola Secretaría Xeral e Igualdade.