Friday 22 de November de 2024

As casas da mocidade acollen numerosas actividades gratuítas durante o verán


Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís municipais que se desenvolverán nas casas da mocidade nos meses de xullo, agosto e setembro. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.

Entre outras actividades organizaranse proxeccións de cine, obradoiros de cociña, excursións a outros municipios, kaiak, paddle surf… ademais de continuar co programa radiofónico Mociradio. Para obter máis información ou inscribirse é posible nas casas da mocidade (Santa Cruz e As Pedras), chamar ao 981 614 083, ou enviar un correo a pix.portaberta@gmail.com ou pix.aspedras@gmail.com.