Saturday 16 de November de 2024

O Concello publicará unha nova guía de empresas para fomentar o comercio no municipio


O Concello está preparando a edición dunha nova guía de empresas para divulgar e fomentar o comercio e as empresas do municipio. A publicación será gratuíta e repartirase entre os veciños e veciñas do municipio.

O obxectivo é ofrecer a toda a cidadanía unha publicación na que, de forma ordenada e clasificada por sectores, se recollan todo tipo de servizos, oficios e actividades económicas existentes en Oleiros.

Calquera empresa, negocio ou profesional que desexe aparecer nesta publicación pode poñerse en contacto co Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo dos Regos para proporcionar os seus datos.