O Campionato de Fotografía Submarina de Fene (proba puntuable no Circuito Galego de Fotosub) desenvolverase na mañá do domingo 25 de xuño. Os/as participantes sairán en barco do Peirao de Barallobre ao redor das 9.00 horas e realizarán dúas inmersións: a 1ª, entre as 10.00 e as 11.30 horas, e a 2ª, entre as 12.00 e as 13.30 horas. Como novidade, nesta edición o Concello de Fene oferta 20 prazas para asistir de balde como espectador das inmersións dende a embarcación que servirá de apoio á proba. As persoas interesadas en apuntarse poderán facelo por rexistro xeral de entrada do Concello até o 21 de xuño ás 23.59 horas.
Organizan: Concellería de Deportes de Fene, CAS Nautilus Fene e Federación Galega de Actividades Subacuáticas coa colaboración da Cofradía de Barallobre.