Friday 22 de November de 2024

Julio Fernández e Hugo Campos convértense nos gañadores da 2ª Liga de Pádel de Carral


· Está previsto que a finais do mes de xullo comece o torneo de pádel de verán, que este ano chega á 7ª edición.

Tras varios meses de competición, Carral concluíu a súa 2ª Liga de Pádel, na que resultaron gañadores Julio Fernández e Hugo Campos. A vitoria produciuse o pasado venres, cando a parella se impuxo á formada por Vicente Barreiro e Domingo Torreiro.

Tras máis dunha hora de partido, o encontro saldouse cun resultado de 6-3 e 6-1 a favor de Fernández e Campos. O alcalde en funcións, Javier Gestal, fixo a entrega dos trofeos e aproveitou a ocasión para felicitar aos vencedores.

A Liga comezou a finais de marzo e reuniu a un total de 16 parellas de entre 16 e 58 anos. Nunha primeira parte, disputouse unha fase de liguilla na que os competidores se dividiron en dous grupos e xogaron todos contra todos. Na segunda, as mellores parellas de cada grupo conformaron a fase de eliminatoria (cuartos, semifinais e finais).

Está previsto que a finais do mes de xullo comece o torneo de pádel de verán, que este ano chega á 7ª edición.