Friday 22 de November de 2024

O CEIP A Barqueira xa loce o mural creado por Iría Fafián para promocionar os valores, a cultura e os principais elementos do territorio do Xeoparque Cabo Ortegal


• Plasmouse a riqueza ambiental e a biodiversidade do bosque de Os Casás

• Realizáronse outras tres mostras artísticas nos concellos de Cedeira, San Sadurniño e Valdoviño

O CEIP A Barqueira xa loce o mural que creou a artista Iria Fafián para promocionar os valores, a cultura e os elementos diferenciadores do Xeoparque Cabo Ortegal para a comarca.

Desde a asociación impulsaron a realización de outras tres intervencións artísticas que se levaron a cabo nos concellos de Cedeira, San Sadurniño e Valdoviño.

Hai que lembrar que desde a Asociación do Xeoparque Cabo Ortegal acadouse no mes anterior a consecución do distintivo de Xeoparque da Unesco, un fito que levaban perseguindo xa varios anos.
Neste caso, a escola de Cerdido foi o escenario elixido para acoller un mural en gran formato, no que se plasmou a riqueza ambiental e a biodiversidade do bosque de Os Casás. Este ecosistema é un dos poucos bosques atlánticos que se atopa en moi bo estado de conservación dos que se poden gozar no territorio.
Estas primeiras intervención artísticas, que están fincanciadas a través do Convenio de Colaboración da Asociación para a xestión do Xeoparque Cabo Ortegal coa Deputación da Coruña, funcionarán como mostra dos lugares que se poden visitar no territorio.

Os muráis en gran formato son unha ferramenta máis á hora de poñer en valor e dar a coñecer máis curiosidades sobre o territorio, ademáis de aportar elementos de identidade do Xeoparque.