O Concello de Touro celebrará cos seus veciños e veciñas o próximo domingo, 22 de novembro do 2015, o primeiro aniversario da inauguración da Casa da Cultura, un edificio ubicado na zona de servicios de Fonte Díaz, capital do Concello. A celebración comenzará ás 17.30 horas con Concerto de Música da Banda Isabel II de Touro, na honra de Santa Cecilia. Xa ás 18.15 horas está prevista a presentación dos libros As pontes do río Ulla e Poemas e trobas de Manforote. Estarán presentes os seus autores: o xornalista Henrique Neira e o poeta Manuel Fortes Otero. A continuación procederase á entrega de premios do X Concurso de Fotografía Touro en Imaxes. E xa ás 19.00 comenzará o concerto didáctico de Campo de Estrelas. Na Casa de Cultura, dende ese mesmo día, poderanse visitar ás seguintes exposicións fotográficas: As pontes do río Ulla, Touro en Imaxes e os cadros de punto de cruz de Rosa María Pérez. A Casa da Cultura de Touro acolleu nos 12 meses que pasaron dende a súa inauguración unha intensa actividade cultural e social. Alí celebráronse concertos, representáronse obras de teatro e organizáronse actividades culturais de todo tipo.
Articulos relacionados
O Concello implica ao comercio local na loita contra a violencia machista co ‘Punto Violeta’
noviembre 18, 2021 Comments are off 0 visitas
· O Centro de Información á Muller (CIM) presentou a membros da Asociación de Comercio ...
Frades acolle un segundo curso de aplicador / manipulador de produtos fitosanitarios no que participaron 29 veciños e veciñas
mayo 13, 2016 Comments are off 809 visitas
O multiúsos de Frades acolle un curso de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios, que se comenzou ...
Efectivos da Garda Civil e Policía Local continúan a busca dun touro de lidia pola parroquia de Bastavales (Brión)
junio 25, 2020 Comments are off 72 visitas
Efectivos do servizo de emerxencias supramunicipal extinguiron dous lumes urbanos en Ames Efectivos da Policía ...
