A Coral Polifónica Municipal de Riveira participará no día de mañá, sábado, nun Festival de Corais organizado polo Concello de Riveira.
O elenco que dirixe Enrique Paisal compartirá cartel con outras tres formacións: Coral Pedra Blanca de Cesante, Coral Polifónica Asomamos e Coral Alameda de Pontevedra.
Os riveirenses interpretarán un repertorio formado por catro temas: El loco soñador, Maitechu, San Juan e A Galicia.
O festival dará comezo ás 19 horas e desenvolverase no Teatro Principal.