Friday 22 de November de 2024

Juan Alonso Tembrás inicia o seu terceiro mandato consecutivo centrado “no impulso industrial e na mellora da calidade de vida da veciñanza”


• Será alcalde durante os vindeiros 4 anos acompañado por cinco edís do PP das Somozas, dous do Bloque Nacionalista Galego e un de Alternativa Por Somozas

O salón de plenos del Concello das Somozas acolleu hoxe a sesión constitutiva dunha nova corporación, tras las eleccións municipais do pasado 28 de maio. O popular, Juan Alonso Tembrás, que logrou a maioría absoluta, foi investido e será o alcalde das Somozas, cumprindo así o seu terceiro mandato consecutivo.

Na votación, o rexedor foi elixido grazas á maioría absoluta coa que conta a lista popular, con 6 concelleiros dun total de 9. Pola súa banda, o BNG e o PP non presentaron candidato a la investidura.

Tras recoller o bastón de mando, o recén designado alcalde tomou a palabra para “agradecer a confianza e o apoio depositado polos veciños e veciñas das Somozas no noso proxecto” así como aclarou que “a nosa motivación segue intacta e sabedes que podedes contar con este equipo para todo o que queirades, as nosas portas seguirán sempre abertas”, explicaba.

Recordou que “seguiremos traballando por impulsar a industria nas Somozas e por poñer en funcionamento todos os proxectos que hai no polígono, que son moitos” onde tamén apuntou que “continuaremos mellorando a calidade de vida da nosa veciñanza, coas novas infraestruturas municipais completadas como o centro cívico, o de ocio para nenos, a casa do maior, entre outras”.

Conformación definitiva da nova corporación
Juan Alonso Tembrás – PP As Somozas
Manuel Pico Hermida – PP As Somozas
Ilda Pita Castro – PP As Somozas
José López Sachocos – PP As Somozas
María Carmen Criado Bello – PP As Somozas
Miguel Fontao Durán – PP As Somozas
Víctor Manuel Anidos Blanco – BNG As Somozas
Miguel Casas Pico – BNG As Somozas
Manuel Pena Calvo – Alternativa Por Somozas