José Luis Pérez Añón foi reelixido na mañá deste sábado como alcalde do Concello de Laxe. O candidato do Partido Popular foi investido grazas aos seis votos da súa formación, que xa forman a maioría.
Durante a súa intervención, Añón agradeceu a confianza depositada nel e en todo o seu equipo por parte da veciñanza de Laxe. “Isto significa que todo o que traballamos durante os últimos 4 anos tivo resultados. Fixemos moitas cousas e aínda quedan outras por facer pero aquí estamos, para cumprir co pobo”.
Así, a nova corporación queda conformada por seis concelleiros do PP, tres do BNG, un do PSOE e un de Podemos Laxe.