• O salón de plenos do Concello acolleu hoxe, sábado 17 de xuño, a sesión de investidura do que será o rexedor para os vindeiros 4 anos
Alberto Rey Paz foi investido na mañá de hoxe como novo rexedor do Concello de Cerdido, logo dos votos favorables de todo o Partido Popular de Cerdido, que constituían a maioría absoluta.
O candidato socialista, Brais Prieto, obrivo catro votos, os do grupo dos socialistas de Cerdido.
Queda conformada deste xeito a nova corporación para os vindeiros catro anos, composta por cinco edís do Partido Popular, por catro do PSdeG – Cerdido.
O novo alcalde de Cerdido, Alberto Rey Paz, quixo darlle as grazas “a todas as persoas que depositaron a súa confianza tanto en min como no resto do meu grupo para gobernar os vindeiros catro anos en Cerdido”.