Friday 22 de November de 2024

Aberto o prazo de inscrición no Verán en Acción do Concello de Moeche


A oferta de actividades ao aire libre volve coa chegada do verán e o tempo de sol. Desenvolveranse actividades deportivas para persoas adultas e para a xente miúda, que dinamizarán o verán en Moeche, xunto á programación cultural, turística, que en breve se anunciará, e o xa tradicional campamento de conciliación Sementeira.

Se hai uns días arrancaba o verán deportivo coa Carreira Popular Concello de Moeche e a apertura do prazo para os abonos da piscina municipal, agora xa están aquí as actividades deportivas do programa Verán en Acción: natación, aquagym, tenis e ximnasia ao aire libre. O período de inscrición comezará este luns 19 de xuño -na Casa do Concello ou na Sede Electrónica municipal- e as clases iniciaranse na primeira semana de xullo.

Programa

Natación e Aquagym
A piscina municipal acollerá de novo cursos de natación para adultos durante os meses de xullo e agosto, e tamén para os máis pequenos, con dous niveis de aprendizaxe.
Cursos de natación infantil iniciación: mércores e venres, de 12.30 a 13.15
Cursos de natación infantil perfeccionamento: mércores e venres, de 11.30 a 12.30
Curso de natación e aquagym para adultos: luns e xoves, de 12.00 a 13.00
Prezos
Persoas adultas: 15€/mes ou 28€ se se matriculan os dous meses
Natación infantil; 7€/mes ou 12€ os dous meses.

Tenis
Clases de tenis nas pistas de Abade para os menores de 18 anos.
Horarios: todos os xoves de de 10:30 a 13:30 (tres grupos de unha hora segundo o nivel)
Prezos: 7 € un mes/ 13€ dous meses se se matriculan os dous meses.
Lugar: pistas de tenis en Trieiro (Abade)
*Esta actividade está pendente deque se inclúa no programa Corresponsables da Federación Galega de Tenis, nese caso poderase impartir un día máis á semana.

Ximnasia ao aire libre
E para os maiores de 55 anos, haberá ximnasia ao aire libre nas inmediacións da casa do concello, mantemento, pilates, e utilización dos aparellos do parque biosaludable.
Data: martes e xoves de 10.00 a 11.00
Lugar: parque biosaudable (Casa do Concello)
Prezo: 9€ un mes 17€ se se matriculan os dous meses.

Data de comezo das actividades: 1ª semana de xullo Data remate: finais de agosto.

Información no teléfono 981 404 006 ou correo a daniel.feijoo@moeche.gal. Os formularios están dispoñibles no propio departamento de Deportes, no Rexistro Xeral ou ben poden descargarse da web municipal (ao final desta información).

Inscrición; poderase facer a partir do luns 19 de xuño, no Rexistro Xeral, na Casa do Concello, de luns a venres, en horario de atención ao público, de 08.30 a 14.00 h , ou ben na sede electrónica (www.moeche.gal)

Fin de curso nas Escolas Deportivas Municipais
Ademais de iniciarse o prazo de inscrición nas actividades estivais, nestes días tamén rematan as Escolas Deportivas Municipais do curso 2022-2023. Nos últimos meses participaron nelas 130 persoas entre a rapazada que asistiu a tenis, patinaxe e multideporte e as persoas adultas de spinning, pilates, adestramento funcional e exercicio físico saudable para maiores.

As escolas de persoas adultas despiden o curso hoxe cunha cea de confraternidade, mentres que as escolas infantís terán o martes pola tarde unha merenda e unha entrega de diplomas. Ambas regresarán en outubro.