Saturday 16 de November de 2024

Máis de vinte patinadores ordenses do Club Galia participan esta fin de semana no campionato da Pobra do Caramiñal


Esta fin de semana a Pobra do Caramiñal será sede para o último campionato oficial da tempada de patinaxe artística. En total participarán vinte e dous patinadores ordenses con idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos. Por outra banda o Club Galia xa quenta motores de cara ás próximas citas: 12 de decembro ‘Gala Unicef’ (Vigo) e 19 de decembro ‘Trofeo Concello de Ordes’, con máis de 200 patinadores de toda Galicia confirmados.