Un total de 120 nenos e nenas, así como máis de medio cento de adultos, participaron na festa de clausura das Escolas Deportivas Municipais de Frades 2022/2023. Un acto que tivo lugar no polideportivo municipal de Ponte Carreira, engalanado cos traballos das escolas de debuxo, inglés e mecanografía.
Durante toda a tarde, sucedéronse as distintas exhibicións de fútbol sala, ximnasia rítmica, patinaxe, pádel, pilates, ximnasia de mantemento… Unhas demostracións que remataron coa tradicional entrega de diplomas por parte do alcalde, Roberto Rey, e o concelleiro de Deportes, Juan Carlos Portos, e unha merenda para todas as persoas participantes.