Esta semana rematan as funcións e actuacións de fin de curso da Escola Municipal de Música con tres importantes espectáculos.
O xoves 15, ás 19:00 horas, o alumnado de Música e Movemento poñerá en escena unha versión musical da Cincenta no Auditorio Gabriel García Márquez. Ao remate, terá lugar a gradación dos alumnos que rematan esta primeira etapa de formación na escola.
O sábado 17, ás 19.30 h, tamén no auditorio de Mera, actuará a Orquestra Sinfónica, coa participación do coro La Tremenda Tremolina.
O domingo 18, ás 20:00 horas, a Big Band ofrecerá un concerto no Parque Nicolás Redondo, en Rialta (Dorneda), pechando as actuacións ao aire libre deste curso.