Friday 22 de November de 2024

O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acollerá este sábado a conferencia “Saúde mental na actualidade”


O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acollerá este sábado, ás 11.00 horas, a última das conferencias enmarcadas no programa municipal de Prevención da depresión e mellora da saúde mental. O concelleiro en funcións de Sanidade, Manuel Ramos, informou que a última conferencia do ciclo abordará o tema da “Saúde mental na actualidade: invalidación, esixencia e positivismo tóxico”.
A psicóloga Paula Marín, tamén directora da clínica do seu mesmo nome, será a encargada de impartir a citada conferencia, de acceso libre ata completar a capacidade da sala. As persoas que acudan terán a oportunidade de realizar as preguntas que consideren oportunas sobre a temática a tratar na conferencia.

Ao final da intervención de Paula Marín presentarase a Guía de recursos para a saúde mental, un traballo elaborado para o Concello no marco deste mesmo programa municipal e que ofrece información sobre saúde mental e tamén ferramentas e recursos a disposición da cidadanía sobre esta área, tal e como apuntou Ramos.

“A saúde mental é cousa de todos e todas” é o lema deste programa, que tivo un gran éxito de acollida entre a cidadanía.