As localidades para os concertos do Coliseum pódense adquirir a través das web www.contratodopronostico.com e www.jsabina.com
As entradas previamente adquiridas para os concertos suspendidos en xuño son válidas para as novas datas do próximo mes
Desde hoxe pódense adquirir novas entradas para os concertos que Joaquín Sabina ofrecerá os día 14 e 16 de xullo no Coliseum. As actuacións nestas datas substitúen ás previstas o pasado mes de xuño e que se tiveron que suspender por unha indisposición do artista.
As localidades que se poñen hoxe á venda son aquelas que foron devoltas por parte de quen non poderán acudir aos concertos nas novas datas. Para acceder á venda hai que facelo a través das web www.contratodopronostico.com e www.jsabina.com.
As entradas previamente adquiridas son válidas para as novas datas. Así, as entradas para o concerto do venres 2 de xuño serán válidas para o 14 de xullo, e as entradas para o concerto do domingo 4 de xuño, terán validez para o domingo 16 de xullo.