Friday 22 de November de 2024

O Concello proporcionará leña gratuíta nas praias para o San Xoán


A noite de San Xoán, o Concello porá leña a disposición da veciñanza nas praias gratuitamente. Desta maneira pretende evitarse a contaminación dos areais con materiais ou obxectos que tamén poden provocar danos a bañistas e persoas usuarias das praias.

A Policía Local e Protección Civil realizarán un importante despregue para impedir a queima de elementos tales como palés, sofás e calquera tipo de obxecto que poida conter cravos. Tamén estará prohibida a introdución de botellas de cristal ou calquera elemento que conteña vidro.

Tanto na praia como noutro lugar, é obrigatorio solicitar autorización para realizar unha fogueira. As normas e a solicitude pode descargarse na web municipal e deberá ser entregada cuberta e asinada no Rexistro da Casa do Concello ou da Sede electrónica ata o día 22.

SOLICITUDE E NORMAS BÁSICAS: https://www.oleiros.org/documents/39407/0/FOGUEIRAS+DE+SAN+XOAN+2023.pdf/86ff8180-19ef-1ea0-16a3-01f5b5cd85ea?t=1686646631363