A Xunta de Galicia concedeulle novamente esta distinción ao areal, en recoñecemento á calidade das aguas de baño, a información e a educación ambiental e á súa seguridade, así coma aos servizos e instalacións.
O alcalde en funcións, José Luis Pérez Añón, acudiu ao acto de entrega destes galardóns, na praia de Valcobo, en Arteixo, onde recibiu a bandeira azul que ondeará a praia de Laxe de mans do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a conselleira de Medio Ambiente Territorio e Vivenda, o delegado provincial, Gonzalo Trenor e a Directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo.