Un total de 65 cadros integra a nova exposición que alberga a casa da cultura Raquel Fernández Soler ata o día 12 de xullo. Baixo o título Abstracto, Ángeles Sanjurjo López constrúe un universo simbólico, para o cal explora diferentes técnicas como a acuarela, a tinta chinesa, a acrílica ou a colaxe.
Durante o acto de apertura realizado na tarde do 9 de xuño, a artista estivo acompañada pola concelleira da Cultura en funcións da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo, ademais de contar cunha intervención musical.
A sala permanece aberta de luns a venres, en horario de 10.30 a 13.30 e de 19.00 a 21.00 horas.