Destacou o traballo da asociación na promoción da autonomía das persoas con discapacidade intelectual na Coruña
A alcaldesa, Inés Rey, participou esta mañá no 44º aniversario do Centro Laboral Lamastelle, da Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (ASPRONAGA). A rexedora, acompañada pola concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira; achegouse ao centro para compartir cos usuarios e usuarias a festa de verán organizada pola entidade.
A xornada contou con xogos, actividades musicais e deportivas que incluíron un partido de fútbol con veteranos do Dépor. Rey destacou o traballo da asociación na promoción da autonomía das persoas con discapacidade intelectual na Coruña e puxo en valor a colaboración entre Concello e asociación para a posta en marcha de programas como Musicoterapia no CEE Nosa Señora de Lourdes, a través da Fundación Emalcsa, ou ‘Respiro familiar’. A alcaldesa e a concelleira estiveron acompañadas polo presidente de Aspronaga, Nicanor Álvarez e o xerente da asociación, Juan Fontela.