Saturday 16 de November de 2024

Neda celebrará o fin de curso das escolas deportivas municipais con exhibicións de patinaxe e baile moderno


Co fin de curso á volta da esquina, o Concello ultima a xornada de clausura das escolas deportivas municipais. Será unha xuntanza na pista polideportiva do Roxal, que contará con varias exhibicións abertas ao público.

Unha oportunidade para que o alumnado poida mostrar o aprendido durante os últimos meses.

O servizo de Deporte vén de pechar a programación desta convivencia, programadapara a tarde do venres 16 de xuño. Unha cita que arrincará coa andaina ata A Fervenza do Belelle dos participantes das diversas escolas municipais de NedActivate (preto de 200 persoas). Tras o paseo polo medio natural, arrancarán ás dúas actividades abertas ao público en xeral.

Así, a partir das 18 horas dará comezo a exhibición do alumnado da escola municipal de patinaxe na que se formaron dende finais de setembro un total de 21 rapaces/as.

A continuación, está programada a demostración da escola de baile moderno, que contou ao longo do curso 2022-2023 con 12 participantes.

Apuntan dende o Concello que a celebración pecharase cunha merenda de confraternización reservada ao alumnado, e lembran que as clases das continuarán ata o 30 de xuño.