A igrexa parroquial de Perbes acolleu onte a tradicional celebración de Corpus onde as persoas asistentes puideron contemplar as obras de arte efémera elaboradas pola Asociación de alfombristas de Miño-Perbes..
Ditas alfombras florais engalanaron as inmediacións do templo en conmemoración da celebración do xoves de Corpus Christi.