Pódese pedir cita previa chamando ao 622 748 283
O Concello de Cabanas informa de que a unidade móbil do Programa “Coidados porta a porta” da Xunta de Galiza regresará a Cabanas os días 22, 23 e 26 de xuño, para ofrecer de maneira gratuíta os servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria á veciñanza maior de 55 anos.
O autobús da campaña estará situado fronte á Casa do Concello durante a súa estancia en Cabanas, e as persoas interesadas en desfrutar destes servizos deberán solicitar cita previa, ben por teléfono no 622 748 283, ou ben a través do correo electrónico coidadosportaporta.politicasocial@xunta.gal.
O Programa de “Coidados porta a porta” estase a levar a cabo entre os anos 2022 e 2023, e con esta completaranse as tres visitas programadas a Cabanas. O seu obxectivo é achegar ás veciñas e veciños servizos como a revisión e valoracións auditivas, ou a atención podolóxica para a prevención, diagnose e tratamento das principais doenzas e patoloxías dos pés.