O Concello de Riveira informa da pavimentación de dous viais no polígono industrial de Xarás, ademais de renovarse a liña de pluviais.
A actuación tivo un orzamento de 54.699.01 euros, IVE incluído, e foi realizada pola empresa foi Canarga, SL.
As vías obxecto da actuación estaban bastante deterioradas, rexistrando importantes baches e zonas disgregadas. Para mellorar o seu estado proxectouse a pavimentación das vías en cuestión (unha delas é a que vai en dirección a San Alberte e a outra está nas inmediacións da nova planta de gas licuado que se está a construír) cunha capa de aglomerado asfáltico en quente tipo de D-12 de 8 centímetros de espesor. A superficie afectada foi de 6.270 metros cadrados (3.170 e 3.100 metros cadrados, respectivamente).
Ademais, renováronse dous tubaxes de pluviais que cruzan a calzada, ademais de poñer a cota as tapas de pozos e arquetas existentes.