O mercado municipal encherase de postos e actividades relacionadas coa gastronomía, a artesanía e o arte entre o venres 9 e o domingo 11
O mercado municipal de San Agustín acollerá esta fin de semana unha nova edición do Mercado das Nubes, un evento trimestral celebrado co apoio do Concello da Coruña para a dinamización do mercado municipal. O evento conxuga diferentes propostas gastronómicas, artísticas, artesanais e relacionadas co mundo da moda e celebrarase primeiro andar deste espazo municipal.
O Mercado das Nubes de verán comezará este venres (de 17.00 a 21.00) e prolongarase durante as xornadas do sábado (11.00 a 21.00 horas) e do domingo (11.00 a 18.00 horas).
Contará con 54 iniciativas de persoas emprendedoras, artesáns, artistas e marcas emerxentes e locais para expoñer os seus traballos. Tamén haberá actuacións musicais en vivo durante todo o evento, actividades infantís e degustacións con productos da propia praza co obxectivo de integrar no Mercado das Nubes a todos os praceiros e praceiras do propio mercado.
Tamén se ofertará unha experiencia gastronómica baixo o nome “Maridajes KmC”, en colaboración con Estrella Galicia, onde destacados cociñeiros coruñeses como Moncho Bargo, do Restaurante Pracer, e Moncho Méndez, do Millo Orzán; ofertarán as tapas do mercado maridadas con ‘La Pelirroja’, unha das cervexas de Estrella Galicia. As degustacións serán o sábado 10 e o domingo 11 respectivamente. No canto das actuacións musicais, o venres a partir das 19.00 horas Javi Regueiro ofrecerá un concerto no interior do mercado ao que lle seguirá Sophie Simonds o sábado ás 19.00 horas. O domingo ás 13.30 horas, Javi Insua concluirá o ciclo de actuacións no marco do Mercado das Nubes.
Con esta iniciativa, o Goberno de Inés Rey busca dinamizar os mercados da cidade con actividades complementarias á venda de produtos nos postos destes espazos. O Concello promove máis eventos no primeiro andar do Mercado de San Agustín, como o festival Boucatise ou obradoiros infantís polo Samaín.