Thursday 21 de November de 2024

O Museo Man de Camelle acolle en xuño a exposición da pintora camariñana Novais


· Nacida en Ponte do Porto, a artista, que bebe do expresionismo e impresionismo, amosa unha obra chea de cores vibrantes e trazos fortes.

O Museo Man de Camelle acollerá durante todo o mes de xuño a exposición da pintora María Luisa Rojo Novais, unha artista camariñana, nacida na Ponte do Porto, que bebe do expresionismo e impresionismo. A súa obra está chea de cores vibrantes e trazos fortes, o que fai que as súas pinturas parezan en constante movemento.

Á autora faille moita ilusión expoñer en Camelle, e máis no Museo Man, do que garda moi bos recordos de cando a traia seu pai a visitalo xunto cas súas irmáns. Ademais o museo parécelle perfecto para expoñer pola cantidade de luz que ten.