O Servizo Galego de Saúde ten programadas para este mes no noso concello varias sesións informativas sobre a aplicación Sergas Móbil co obxectivo de dar a coñecer á poboación todas as utilidades que ten. As charlas desenvolveranse do 12 ao 16 e do 26 ao 30 de xuño, todos os días pola mañá, de 08.00 a 14.00 horas. O acceso é libre.
O obxectivo desta campaña, que se vén desenvolvendo por toda a área sanitaria, é dar a coñecer á cidadanía o uso da Chave365, as opcións e utilidades na xestión da saúde do programa E-Sáúde, e, sobre todo, as utilidades, opcións e funcionalidades da aplicación Sergas Móbil. O persoal técnico encargarase de resolver calquera dúbida das persoas usuarias sobre o uso da APP.
Coa aplicación Sergas Móbil, os usuarios poden acceder desde o seu teléfono aos dife-rentes trámites que precisen realizar, como a xestión das citas médicas, solicitar a súa quenda sen necesidade de achegarse ao centro de saúde ou ou ser atendido na súa propia casa por medio dunha videoconsulta, cando non sexa precisa a atención presen-cial. Este ano incorporouse tamén unha prestación que permite á cidadanía chamar ao 061 no caso dunha emerxencia sanitaria e xeolocalizar esa chamada para axilizar a localización exacta do doente.