Sunday 22 de December de 2024

O mes de xuño contará na Pobra cunha nova sesión de baile


Achégase o segundo domingo do mes e toca unha cita con Tardes de baile no Centro Sociocomunitario e de Benestar da Pobra do Caramiñal.

Unha nova sesión convida a se mover ao ritmo de diferentes estilos musicais no 11 de xuño, de 20.00 a 22.30 horas.

Organizada en común pola Concellaría dos Servizos Sociais e o referido centro, esta iniciativa botou a andar no mes de marzo para lles ofrecer unha xornada mensual de baile ás persoas maiores ao tempo que aspira a se converter nun punto de encontro interxeracional de toda a comarca e dinamiza-la vila no sétimo día da semana.