Saturday 16 de November de 2024

A rapazada da EIM Raíña Lupa visita o centro da Asociación Pura Raza Cabalo Galego en Quián (Boqueixón)


 A rapazada da Escola Infantil Municipal Raíña Lupa de Boqueixón fixo unha pequena excursión ao centro que a Asociación Pura Raza Cabalo Galego ten no Pazo de Quián, na parroquia de Sergude (Boqueixón). Unha excursión na que estiveron acompañados por alumnado da Escola Infantil de Vedra.

 

A rapazada, de entre dous e tres anos de idade, asistiron a unha exhibición de doma de alta escola con cabalos de Pura Raza Galega en liberdade e doma de alta escola con exercicios montados a cargo do xinete Carlos Vilas Doval. O profesorado da EIM Raíña Lupa agradeceu á Asociación a oportunidade para que os nenos e nenas puideran achegarse ao mundo do cabalo.