A empresa UFD Grupo Naturgy procederá a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións este venres, de 00.00 a 02.00 horas, para realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona. Os cortes, tal e como indicou o edil en funcións de Servizos, Ibán Santalla, afectarán á zona de Carballosa, A Mata e o Camiño dos Quintos.
O edil naronés explicou que os cortes programados pola compañía poden provocar interrupcións no subministro eléctrico durante o horario previsto.