— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución definitiva destas axudas que, tras a ampliación realizada, suma catro concellos máis -Cabana de Bergantiños, Palas de Rei, Agolada e O Pereiro de Aguiar-, completa ata os 120.000 euros os apoios concedidos ás Somozas e outorga unha segunda axuda a Noia
— Todas as actuacións levaranse a cabo en Concellos Emprendedores
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas para mellorar as infraestruturas dos parques empresariais de Galicia, tras a ampliación de crédito realizada hai unhas semanas. Deste xeito, un total de 33 concellos recibirán apoios por importe de 2,5M€.
A ampliación permite que as axudas cheguen a catro novos concellos -Cabana de Bergantiños, na Coruña, recibe 120.000 euros para a mellora de accesos; Palas de Rei en Lugo contará con 28.328,98 euros para a mellora do firme; Agolada en Pontevedra obtén 119.983,60 euros para as infraestruturas viarias; e O Pereiro de Aguiar en Ourense mellorará a vía de acceso noroeste cunha axuda de 38.587,14 euros-. Ademais, Noia suma unha segunda axuda para o polígono de Augalevada que se vai destinar ao punto limpo (44.213,43 euros) e, finalmente, amplíase ata os 120.000 euros a axuda que xa estaba concedida ao concello das Somozas para a pavimentación da vía principal.
Estas axudas, de ata un máximo de 120.000 euros por proxecto -podían presentarse dúas solicitudes por concello-, están destinadas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, instalación de sistemas de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde, así como á mellora de infraestruturas viarias. Cómpre destacar que esta última foi a actuación máis demandada. Os beneficiarios poderán acceder a anticipos do 25%.
Esta liña contribúe a apoiar aos concellos galegos e pretende ser, ademais, un impulso para a captación de investimentos en Galicia. Neste sentido, encaixa nas medidas que fomenta a Lei de implantación empresarial na que os Concellos Emprendedores teñen un papel fundamental á hora de colaborar co Goberno galego para achegar ás empresas beneficios fiscais, acceso ao solo e facilidades administrativas a cambio de contar con prioridade en ordes de axudas como estas.
LISTAXE DE BENEFICIARIOS
A CORUÑA
CONCELLO BENEFICIARIO | POLÍGONO INDUSTRIAL | INVESTIMENTO SUBVENCIONABLE | AXUDA CONCEDIDA |
ACTUACIÓN SUBVENCIONADA |
Concello das Somozas | As Somozas | 150.000 € | 120.000 € | PAVIMENTACIÓN VIAL PRINCIPAL NO POLÍGONO INDUSTRIAL DAS SOMOZAS |
Concello de Boiro | Parque Empresarial de Espiñeira |
59.745,77 € | 47.796,62 € | MELLORA DE INFRAESTRUTURAS NO PARQUE EMPRESARIAL DE ESPIÑEIRA: ILUMINACIÓN PÚBLICA |
Parque Empresarial de Espiñeira |
82.209,38 € | 65.767,50 € | MELLORA DE INFRAESTRUTURAS NO PARQUE EMPRESARIAL DE ESPIÑEIRA: INFRAESTRUTURA VIARIA |
|
Concello de Cabana de Bergantiños | O Picón | 179.646,72 € | 120.000 € | ACONDICIONAMENTO E MELLORA DE ACCESO |
Concello de Cabanas | Vilar do Colo | 59.999,99 € | 47.999,99 €
|
MELLORA DE ACCESOS NO PARQUE EMPRESARIAL DE VILAR DO COLO: RÚAS MAREIRA E MARIÑASOL |
Concello de Coirós | Pedrapartida | 88.021,09 € | 70.416,87 € | SISTEMAS PROTECCIÓN CONTRAINCENDIOS PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS |
Concello de Fene | Vilar do Colo | 123.474,47 € | 98.779,58 €
|
MELLORA DA SINALIZACIÓN E ACCESIBILIDADE AO POLÍGONO VILAR DO COLO DESDE O ACCESO OESTE |
Concello de Noia | Augalevada | 55.266,79 € | 44.213,43 € | MELLORA DO PUNTO LIMPIO |
Concello de Noia | Augalevada | 56.801,11 € | 45.440,89 € | ACONDICIONAMENTO DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE AUGALEVADA |
Concello de Oroso | Sigüeiro | 150.000 € | 120.000 € | MELLORA DE REDE VIARIA NA AVENIDA ÁLVARO CUNQUEIRO E RÚA MESÍA, SUBSTITUCIÓN DE CANLE NA RÚA CURROS ENRÍQUEZ |
Concello de Ponteceso | Tella | 32.615,84 € | 26.092,67 € | MELLORA ACCESO PARQUE EMPRESARIAL TELLA FASE III |
Concello de Santa Comba | Santa Comba | 84.837,09 € | 67.869,67 € | MELLORA DO ACCESO SUESTE AO PARQUE EMPRESARIAL DE SANTA COMBA |
Concello de Tordoia | Pedra Salgueira | 8.520,04 € | 6.816,03 €
|
RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ALUMEADO PÚBLICO EN PEDRA SALGUEIRA |
LUGO
CONCELLO BENEFICIARIO | POLÍGONO INDUSTRIAL | INVESTIMENTO SUBVENCIONABLE | AXUDA CONCEDIDA | ACTUACIÓN SUBVENCIONADA |
Concello de Castro de Rei |
Castro de Ribeiras de Lea | 17.593,40 € | 14.074,72 € | MELLORA DE INFRAESTRUTURAS NO PARQUE EMPRESARIAL DE CASTRO RIBERAS DE LEA |
Concello de Outeiro de Rei | Outeiro de Rei | 135.710,88 € | 108.568,70 €
|
MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS NO PARQUE EMPRESARIAL DE OUTEIRO DE REI |
Concello de Palas de Rei | Palas de Rei | 35.411,22 € | 28.328,98 € | MELLORA DO FIRME |
Concello de Sarria | O Morelle | 150.000 € | 120.000 €
|
MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS NO POLÍGONO INDUSTRIAL DO MORELLE |
Concello do Saviñao |
O Peago | 69.115,20 € | 55.292,16 €
|
ACONDICIONAMENTO DO PARQUE EMPRESARIAL DO PEAGO |
OURENSE
CONCELLO BENEFICIARIO | POLÍGONO INDUSTRIAL | INVESTIMENTO SUBVENCIONABLE | AXUDA CONCEDIDA | ACTUACIÓN SUBVENCIONADA |
Concello da Gudiña |
A Gudiña | 116.903,38 € | 93.522,70 € | MELLORA DE REDE DE SANEAMENTO DO POLÍGONO INDUSTRIAL DA GUDIÑA |
Concello do Pereiro de Aguiar | O Pereiro de Aguiar | 48.233,93 € | 38.587,14 € | MELLORA DA VÍA DE ACCESO NOROESTE |
Concello de Pontedeva | Trado | 108.101,10 € | 86.480,88 € | MELLORA DO ACCESO AO POLÍGONO EMPRESARIAL DE TRADO |
Concello de San Cibrao das Viñas |
Barreiros | 52.552,94 € | 42.042,35 € | MELLORA DO FIRME DE VIAIS NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE BARREIROS |
San Cibrao das Viñas |
51.832,75 € | 41.466,20 € | MELLORA DA REDE TRONCAL DE VIDEOVIXILANCIA NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE SAN CIBRAO | |
Concello de San Cristovo de Cea |
San Cristovo de Cea |
150.000 € | 120.000 € | INFRAESTRUTURA VIARIA NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE SAN CRISTOVO DE CEA |
Concello de Vilamarín | Tamallancos | 48.098,64 € | 38.718,91 € | MELLORA DA XESTIÓN DE RESIDUOS DE VIDRO E CARTÓN NO PARQUE EMPRESARIAL DE TAMALLANCOS |
Tamallancos | 38.697,95 € | 30.958,36 € | MELLORA DA ACCESIBILIDADE E SEGURIDADE NO ACCESO E NOS VIAIS DO POLÍGONO EMPRESARIAL DE TAMALLANCOS |
|
Concello do Barco de Valdeorras |
A Raña | 150.000 € | 120.000 € | MELLORA DE INFRAESTRUTURAS NO POLÍGONO INDUSTRIAL DO BARCO DE VALDEORRAS |
PONTEVEDRA
CONCELLO BENEFICIARIO | POLÍGONO INDUSTRIAL | INVESTIMENTO SUBVENCIONABLE | AXUDA CONCEDIDA | ACTUACIÓN SUBVENCIONADA |
Concello de Agolada | Polígono industrial Merlín | 149.979,50 € | 119.983,60 € | MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS |
Concello da Cañiza | Uceira (antigo Mercado) |
28.140,80 € | 22.512,64 € | MELLORA NO PARQUE EMPRESARIAL DE UCEIRA |
Concello da Lama | Racelo | 52.026,73 € | 41.621,38 € | MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS INTERIORES NO PARQUE EMPRESARIAL DE RACELO |
Concello de Cambados | Sete Pías-Oubiña | 108.242,11 € | 86.593,69 € | DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE SETE PÍAS |
Concello de Campo Lameiro |
A Facha | 51.571,27 € | 41.257,02 € | ALMACENAMENTO DE RESIDUOS |
Concello de Meaño | A Pedreira | 53.636,28 € | 42.909,02 € | AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO DO POLÍGONO INDUSTRIAL DA PEDREIRA |
Concello de Salvaterra do Miño | Chan da Ponte | 7.005,37 € | 5.604,30 € | MELLORA DO ACCESO AO POLÍGONO DE CHAN DO PONTE |
Concello de Sanxenxo | Nantes | 150.000 € | 120.000 € | INSTALACIÓN DE LUMINARIAS “LED” NO PARQUE EMPRESARIAL DE NANTES |
Concello de Valga | Campaña | 51.888,36 € | 41.510,69 € | MELLORA DOS ACCESOS E INFRAESTRUTURAS DO PARQUE EMPRESARIAL DE CAMPAÑA |
Concello de Vila de Cruces |
O Camballón | 150.000 € | 120.000 € | INSTALACIÓN DE DEPURADORA DE AUGA NO POLÍGONO INDUSTRIAL DO CAMBALLÓN |