Friday 22 de November de 2024

O Concello de Frades homenaxea a Juan López Villasante, que se xubila tras máis de 30 anos como médico no municipio


O Concello de Frades agradece a Juan López Villasante o seu traballo como médico no municipio durante os últimos 30 anos. O concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro Marzoa, e o concelleiro de Cultura, Juan Carlos Portos Bra, desprazáronse ata o centro de saúde de Ponte Carreira para agradecerlle o seu traballo e dedicación durante todo este tempo e facerlle, entregarlle un recordo do municipio e desexarlle unha feliz xubilación.