O concelleiro en funcións de Participación Cidadá, Román Romero, anunciou unha nova convocatoria das Merendas LGTBIQ+ organizadas a través da Escola de Participación Cidadá. O edil naronés explicou que se trata dunha iniciativa aberta á participación de mocidade lesbiana, gay, bisexual, trans, intersexual e queer, de entre 14 e 18 anos, que terá lugar o vindeiro 22 de xuño, de 17.00 a 19.00 horas na Casa da Mocidade, na Gándara.
“É unha proposta concebida coa vontade de ser un espazo de encontro e apoderamento dinamizado no que as persoas que acudan poidan compartir referentes, redes de apoio mutuo e afondar na realidade da mocidade LGTBIQ+”, asegurou.
Para poder asistir é preciso inscribirse previamente, de balde, a través do enlace: https://cutt.ly/dww2ckXb co fin de que a organización dispoña dunha previsión do número de participantes nas merendas LGTBIQ+. As persoas que desexen recibir máis información poden chamar ao número de teléfono da Escola de Participación Cidadá de Narón: 603 865 413 ou entrar nas redes sociais da citada entidade -@EscolaParticipacionNarón- ou na web do Concello de Narón: www.naron.es.
Dende o Consistorio animouse a asistir ás mozas e mozos aos que se dirixe esta convocatoria, co fin de compartir un tempo conxunto e intercambiar impresións sobre os referentes LGTBIQ+.