Repartíronse exemplares do libro “Unha ollada a Viladoce” entre o alumnado do CEIP Eladia Mariño de 3º e 4º curso
A área de medio ambiente do Concello de Cabanas organizou este luns, Día do Medio Ambiente, un encontro entre o alumnado de 3º e 4º curso do CEIP Eladia Mariño e o autor do libro “Unha ollada a Viladoce”, Miguel Anxo Romero.
Durante o transcurso da actividade empregouse a obra, ilustrada por Leandro Lamas, como pretexto para tratar diversos valores medio ambientais, incidindo nas actividades máis próximas, na liña da estratexia municipal Cabanas Sostíbel.