O calendario deportivo da Pobra do Caramiñal conta neste mes de xuño co VI Trofeo de Atletismo Barbanza. Este evento terá lugar no día 10, a partir das 16.00 horas, no estadio municipal da Alta.
Reunirá as probas de triplo salto (da sub-16 en adiante), lanzamento de peso (da sub-10 á sub-16), xavelina (a partir da sub-16) e metros lisos en distintas distancias dende as categorías sub-8 á absoluta.
Os premios consistirán en medallas e trofeos. As inscricións formalizaranse a través da páxina web https://sdp.rfea.es/ ata as 23.59 horas do día 6.
Organizan a Concellaría dos Deportes e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza co control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (FGA).